martes, 10 de junio de 2008

Verdade e liberdade

A miña capacidade de acceder á verdade do mundo obxectivo está en función da liberdade, entendida esta como a operación ou actitude pola que lle permito ao obxecto manifestárseme tal como el é. Entón, parece que o termo liberdade se entende no sentido obxectivo. Normal! Coma cando se fala de amor paterno referindo ao amor con que alguén ama seu pai. Aínda así, se amo meu pai, tamén a min amo, que del proveño. O mesmo ou semellábel acontece coa liberdade. Se deixo ao ser que sexa e se manifeste como el é, entón eu son auténtico, verdadeiro, libre das pexas máis témeras que hai: a ideoloxía e a ignorancia.

No hay comentarios: