E aínda haberá quen ouse negarlles razón a estas palabras. Detrás desa negación hai intereses e ideas, ideoloxemas máis ben. Intereses e ideas dese tipo son a causa das prácticas e leis semellantes a esas con que Europa tenta de se defender da ameaza que ve nos inmigrantes. Doutros intereses e ideas, por suposto, procede a denuncia. A quen lle daremos a razón? Ningunha das opcións é evidente de seu. Calquera delas o pode ser, dependendo das actitudes fundamentais adoptadas no campo da ética e da axioloxía. En tales asuntos a evidencia non é o criterio fundamental de verdade. O criterio básico, anterior ás nosas evidencias, está nos valores asumidos e na ordenación xerarquizada dos mesmos. Supoñamos que os nosos valores fosen, de verdade, os canónicos da modernidade e que entre eles ocupasen os primeiros postos os da liberdade, a igualdade e a fraternidade, estendidos a todos os seres humanos e non restrinxidos aos cidadáns de un ou duns poucos Estados. Neste suposto, non é nada difícil decidir quen leva razón. A denuncia procedente de América tamén ten detrás intereses, os da maioría cuantitativa e cualificada da humanidade, os dos pobres; e ideas ten tamén detrás, as baseadas na razón da irmandade. Por iso se lle deu cabida nestas páxinas, como un esteo máis entre os poucos e febles que terman da razón da irmandade nunha situación mundial pobre e podre.
Señores gobernantes y parlamentarios Europeos
Algunos de nuestros antepasados, pocos, muchos o todos, vinieron de Europa.
El mundo entero recibió con generosidad a los trabajadores de la Europa migrante.
Ahora, una nueva ley europea, dictada por la naciente crisis económica, castiga como crimen la libre circulación de las personas, que es un derecho consagrado por la legislación internacional desde hace ya unos cuantos años.
Esto nada tiene de raro, porque desde siempre los trabajadores extranjeros son los chivos emisarios de las crisis de un sistema que los usa mientras los necesita y luego los arroja al cubo de la basura.
Nada tiene de raro, pero mucho tiene de infame.
La amnesia, nada inocente, impide que Europa recuerde que no sería Europa sin la mano de obra barata venida de afuera y sin los servicios que el mundo entero le ha prestado: Europa no sería Europa sin la matanza de los indígenas de las Américas y sin la esclavitud de los hijos del África, por poner sólo un par de ejemplos de esos olvidos.
Europa debería pedir perdón al mundo, o por lo menos darle las gracias, en lugar de consagrar por ley la cacería y el castigo de los trabajadores que a su suelo llegan corridos por el hambre y las guerras que los amos del mundo les regalan.
Desde el continente americano, julio de 2008,
Atentamente
Arxentina
Adolfo Pérez Esquivel - Premio Nobel da Paz
Atilio Boron, escritor
Hebe Bonafini, nais de praza de maio
Osvaldo Bayer - Escritor
Hermana Martha Pelloni - Dereitos Humanos
Diana Maffía - Filósofa feminista
Rally Barrionuevo – Cantautor
Claudia Korol, periodista, Clacso
Bolivia
Eduardo Paz, profesor universitario
Humberto Claure Quezada. enxeñeiro, editor revista Pátria grande
Brasil
Augusto Boal, teatrólogo
Afrânio Mendes Catani, profesor USP
Candido Grzyboswki, sociólogo, IBASE e FSM
Chico Withaker, sociólogo, FSM
Emilia Vioti da Costa, historiadora,
Elias de Sá Lima, enxeñeiro
Gaudêncio Frigotto, educador
Heloisa Fernandes, socióloga, ENFF
Jean Pierre Leroy, ambientalista, FASE
Jean Marc Von der Weid, economista agrícola, ASPTA
Joao Pedro Stedile, activista social, MST.
Mario Maestri, historiador,
Pedro Casaldaliga, bispo , poeta
Renée France de Carvalho, militante internacionalista
Rita Laura Segato, antropóloga, UNB
Vânia Bambirra, economista.
Vito Gianotti, xornalista
Canadá
Naomi Kleim, perodista, escritora, autora de "No Logo,"
Pat Mooney, pesquisadora de tecnoloxías
Michael A. Lebowitz, profesor, Simon Fraser University
Chile
Cosme Caracciolo, Conf. Nac. de Pescadores Artesanales de Chile
Luis Conejeros, presidente do Colegio de Periodistas de Chile
Marco Enríquez-Ominami, deputado
Manuel Cabieses, director da revista Punto Final
Marta Harnecker, sociologa, escritora
Manuel Holzapfel, periodista
Ernesto Carmona, conselleiro nacional do Colegio de Periodistas de Chile
Paul Walder, profesor universitario e periodista
Pedro Lemebel, escritor
Flora Martínez, enfermeira
Alberto Espinoza, avogado,
Tomas Hirsch, voceiro do Humanismo para Latinoamérica
Cuba
Aleida Guevarra, médica pediatra.
Joel Suárez Rodes, Centro memorial Dr. Martin Luther King,
Ecuador
Alberto Acosta, economista, asambleísta constituínte
Carolina Portaluppi, escritora
Juan Meriguet Martínez, comunicador
Pavel Égüez, artista plástico
Hanne Holst, feminista
Luigi Stornaiolo, artista plástico
Osvaldo Leon, periodista, ALAI
Verónica León-Burch, videasta
ESTADOS UNIDOS
Saul Landau, cineasta,
Norman Solomon, periodista,
Susanna Hecht, profesora de UCLA,
Richard Levins, profesor de Harvard,
Noam Chomsky, profesor de MIT,
Peter Rosset, investigador,
Fernando Coronil, historiador e antrpólogo, Universidade Nova York
Mario Montalbetti, lingüista e poeta
John Vandermeer, profesor de la Universidad de Michigan
Haití
Jean Casimir ,antropologo, escritor.
Camille Chammers, economista.
México
Subcomandante Insurgente Marcos, ciudadano del mundo en México
Ana Esther Cecena, economista, investigadora Unam
Felipe Iñiguez Pérez,
María De Jesús González Galaviz,
Pablo Gonzalez Casanova, sociólogo,
Luis Hernández Navarro, periodista de La Jornada,
Beatriz Aurora, artista mexicana-chilena,
Victor Quintana, deputado estatal e dirixente campesiño,
Raquel Sosa, escritora, profesora da UNAM
Rodolfo Stavenhagen, relator da ONU para dereitos indíxenas
Silvia Ribeira, investigadora,
Nicaragua
Carlos Mejía Godoy, cantautor (compositor y cantor)
Ernesto Cardenal, poeta, escritor e crego
Gioconda Belli, poetisa e escritora
Luis Enrique Mejía Godoy, cantautor ,
Mónica Baltodano, deputada, ex-comandante sandinista.
Dora Maria Tellez, ex-comandante sandinista
Sergio Ramirez Mercado, escritor.
Paraguai
Fernando Lugo, bispo en licencia, presidente electo
Marcial Gilberto Congon, pedagogo popular
Ricardo Canesse, ingeniero, parlamentar Parlasur
Perú
Aníbal Quijano, sociólogo, escritor
Carmen Pimentel, Psicóloga, escritora
Carmen Lora, Universidade católica de Perp
Mirko Lauer, poeta, ensaísta
Rolando Ames, científico social, escritor.
Uruguai
Eduardo Galeano, escritor
Antonio Elias, economista, SEPLA
Venezuela
Maximilien Arvelaiz, diplomata,
martes, 5 de agosto de 2008
domingo, 27 de julio de 2008
A Misa de Rosalía
Fun unha vez á Misa de Rosalía e non voltei. Sería o ano 1966, quizais o 67. Non voltei porque o que alí vin non canxaba ben coas opcións persoais de orientación da vida e valores asumidos nos primeiros anos da miña mocidade. Unha actitude crítica natural, dous ou tres anos de estudos filosóficos, as correntes cristiás renovadas que se abrían paso co axornamento promovido polo papa bo e os primeiros pasos do Vaticano II... Abertas estas ventás, resultoume tremendo o que desde o peitoril delas se vía na maioría dos actores da Misa de Rosalía e nos seus xestos. Tremendo, digo, e non porque alí fixese eu experiencia do sagrado. Todo o contrario. Semelloume máis ben un xogo de nenos.
Cando eu era neno, xogabamos ás tendas e ás misas. Aínda que tamén agora xogan os pequenos ás labouras dos grandes, xa hai moito tempo que os non vexo xogaren ás misas. Aqueles eran xogos simbólicos, que cumpren, entre outras, unha función socializadora, a dunha primeira iniciación da infancia nos roles e actitudes da sociedade adulta. Cando eu participaba neles, facíao con boafé. Cría no que alí se realizaba. Lembro que o mesmo lles acontecía aos meus amigos e compañeiros. Logo crecemos e deixamos aquelas actividades lúdicas por outras que nos semellaban e se cadra non eran máis axeitadas á razón. Ouviamos falar da adquisición do uso de razón. En canto coidamos que xa o tiñamos, sentímonos chamados a nos implicarmos noutros labores e angueiras. A mesma sociedade adulta nolo esixía, e os máis serios de cada xeración colliámolo case ao pé da letra.
No transcurso da Misa de Rosalía daquel ano observei xeitos e actitudes semellábeis. Alguén a rebulir, de cote ergueito e co peito emprorado como pedindo douradas condecoracións. Sedicentes persoeiros da cultura galega a se entre si buscaren para que constase ben a súa presenza. Xente nova, militante ou próxima a correntes políticas desafectas ao réxime, que utilizaban aquel como un dos ámbitos onde podían facer remedos de libre expresión e manifestación. Persoas inxeis, mesmo inxenuas, poucas, que participaban no acto recollidas, como absortas nos seus rezos ou arroubos patrióticos. E, como formando a atmosfera que a todos nos envolvía, un estrañísimo ambiente mimoteocrático, heterodoxo, opositor... Aquilo era, ou semelloume, unha réplica e alternativa das celebracións institucionais teocráticas do mesmo día arredor da catedral, pretendendo cambiar ben poucos elementos do sistema, quizais introducir só uns recendos de ideoloxía galeguista nun contexto nacional-católico españolista.
Cada un fala da feira segundo lle foi nela. O dito expresará ou non o que a min me aconteceu. Recoñezo aos outros o dereito a teren outras experiencias e ideas. Só lles pediría, se tiver eu ese dereito, que sexan críticos con elas e sinceros con eles mesmos.
Talvez é tempo de ir soltando pexas do pasado e de introducir na celebración do día de Galiza –usemos a expresión de Castelao en Alba de gloria– elementos de auténtica innovación cultural e social, que abra para o pobo futuro ámbitos de festa e identificación colectiva nos que máis naturalmente e a pracer participe a maioría. Isto non quita que haxa ou deixe de haber actos diversos para grupos parciais satisfaceren as súas preferencias. Un deles podería ser unha misa en honor de Rosalía. Outros, os actos litúrxicos da catedral e demais igrexas. Con todo, aquel ideal que hai entre corenta e cincuenta anos percorreu a propia Igrexa, o dunha separación clara entre o sagro e o profano, non debería abandonarse. É unha aspiración da propia Igrexa, no que a ela lle convén, desde os afastados tempos da loita das investiduras. É noutras sociedades europeas un obxectivo acadado hai ben tempo por efecto da Ilustración e a Modernidade. Antes de nos deixarmos levar polo relativismo posmoderno, permitamos que o mellor da Modernidade sande o noso corpo sociocultural duns males herdados de tempos escuros.
Nesta liña, hai unha lideira na que os crentes críticos deberiamos implicarnos con pacencia e sabencia: a de liberar as celebracións litúrxicas da festa do Apóstolo de todo sabor teocrático. O primeiro será eliminar delas calquera elemento referente ou que simplemente soe a nacionalismo español. Vai ser difícil de conseguir. Hai que cambiar tantas cousas: os textos da liturxia, o do himno xacobeo oficial, as actitudes dos cregos, as dos políticos...! E non se trata de despois os substituír por elementos referentes ao nacionalismo galego. Non é iso. Pola mesma razón, a volta da Misa de Rosalía en Bonaval, se se recuperar, sería ben que o fixese ceibe de todo restoballo ideolóxico. O contrario supón, entre outras eivas, vedala á participación da maioría do pobo.

jueves, 17 de julio de 2008
Empobrecemos
A pobreza e a soidade son transcendentais humanos. Aínda así, o “locus” no que se manifestan, polo feito de aí tomaren mellor corpo, son as persoas e os colectivos máis débiles. Son os pobres. Hoxe en día, en Europa, os pobres sono os inmigrantes. Grazas á presenza numerosa destes, os pobres autóctonos ascenderon –ou a maior parte deles séntense ascendidos– á cobizada clase media.
Historicamente, sempre e en todas partes, os pobres tiveron menos dereitos ca os non pobres. Mesmo en sociedades onde a súa figura foi estimada como o máis auténtico símbolo da condición humana. Na hora da verdade, o rico comía e ao pobre negábaselle de ordinario o que aos cans se daba de boa gana, as migas que caían da mesa dos amos.
Vivimos tempos de empobrecemento, seica. E daquela corre o pánico polas ondas e os prelos. Reclámanse medidas drásticas para facer fronte a tanta desgraza. E el non será máis ben unha sorte? Porque a onde iamos con aquelas carreiras, construíndo máis vivendas por ano do que meniños nacían, vendendo máis automóbiles dos que cabían nas estradas e nas rúas, prolongando a vida alén do que se pode vivir dignamente...? Entrementres, inmensos territorios da casa común morrendo materialmente –África, un supoñer, como exemplo máis tráxico– de fame, guerra e sida.
Os gobernos europeos, co concurso dos poderes mediáticos –convertidos dun tempo a esta parte algúns periodistas nos mentores supremos da nosa sociedade–, estannos levando a vermos unha témera ameaza nos que chegan onda nós fuxindo da pobreza e a desgraza. Cando menos, érguense como previsoras sentinelas perante a posibilidade de tal ameaza. Só coa boca pequena recoñecen que, sen os inmigrantes das últimas vagas, as nosas sociedades, case bioloxicamente estériles, a duras penas sobrevivirían. Só excepcionalmente se achan análises que lles agradezan a mobilidade social ascendente experimentada nestas últimas décadas polas capas baixas das sociedades europeas. Estas e outras avantaxes, pola súa austeridade inicial, deles derivan.
Aínda que a ideloxía dominante non o favorece, cómpre afirmar un dereito humano universal, evidente desde a razón e a irmandade, desde a igualdade de todas as persoas humanas que deita daquelas instancias: o de as persoas se moveren por onde quixeren da terra co fin de procuraren o pan necesario para a supervivencia. Haberá que o regular e regulamentar, como sucede con todo dereito. Mais non de tal xeito que de feito resulte negado ou recortado. Se non se asegura aquel dereito, poida que sexa conquerido pola forza, como na historia sucedeu moi adoito. De África saímos todos un día, e quen sabe con que accións de armas e cóbados achamos acollida en terra allea, logo nosa. En períodos de tempo cosmolóxico, aconteceu iso hai unhas horas.
A lóxica da ide(oloxí)a dominante é a do runfante superhome que decreta os días da súa prepotente madurez como o núcleo do tempo e do universo e, encostado na súa absoluta vontade de poder, ao seu ego asimila e somete os elementos e os viventes, os da especie humana incluídos, sen lle importar o que puider sobrevir aos pobres do presente e aos pobrísimos do futuro. Desta raza son os que rexen a vida cotiá e os destinos das sociedades occidentais. E, aínda por riba, a estas se están aproximando as que agora se chaman, sempre “in bonam partem”, sociedades emerxentes.
Cando habemos recuperar a sabedoría, anterga de séculos, das sociedades que a trancas e barrancas reproduciron as nosas etnias e posibilitaron a emerxencia das nosas persoas á rexión da existencia? Lía eu un día destes no libro de Elixio Rivas Quintas, O forno do pan (Grafo Dos, Ourense, 1998), aquela páxina onde se fala do forno comunitario que había nalgúns rueiros ou vilas. Ademais de nel faceren a súa cocedura mensual os veciños que non tiñan forno doméstico, o edificio do forno común funcionaba como a única casa do pobo e nel eran acollidos os pobres de paso, os peregrinos, os xitanos, calquera ambulante que precisase a protección dun teito para unha ou varias noites. Viven aínda persoas testemuñas deses usos e costumes.
Se o tempo da fame voltar como moitos paxaros agoiran, quen o vai pasar mal? É cedo para responder. Seica toda previsión ou prognóstico se expón a ser optimista de máis. O que sabemos con seguridade é quen o vai pasar peor. Terán que voltar os inmigrantes ás súas terras de orixe cunha man diante e outra detrás. Ou ficarán entre nós disputándolles aos cans e aos camións do lixo as migas da nosa mesa empobrecida. Xa agora vemos algúns dos seus fillos tomaren como parva no recreo escolar froitas case podres, de pasadas. Porén, moitos de nós aínda lembramos un día antigo en que tivemos de merenda broa balorenta e pouco máis, sen que por iso nos sentísemos entón desgrazados ou infelices. Non só de pan vive a persoa. Mais o pan cotián é imprescindíbel. Se fixermos efectiva a solidariedade universal que deita da razón e da irmandade, hoxe sería o día en que menos risco existe de alguén morrer á fame. E, porén, hai quen á fame morre. Entre os pobres da terra. Isto non ten perdón. Este é o problema, non o empobrecemento dos pobos e familias ricas. E moito menos a defensa de linguas comúns, fronteiras, bandeiras..., parvadas! Olla de que se preocupan os filósofos de oficio!
A pobreza, escribíame antonte un amigo, levámola dentro, e cando se ve fóra, retraemos os cornos. Vin en pleno centro de París, na famosa rúa Saint Michel, unha dona, velliña, tan encorvada que non podía mirar de frente, enlutada, e cunha cunca na man, alongada, pedindo, ladeándose, pois non podía andar ben. O mesmo que nos tempos de V. Hugo! E iso que Francia ten todas as axudas sociais do mundo! Esta imaxe non desaparece.

viernes, 20 de junio de 2008
Entre Deus e Dios
En pura ciencia lingüística, non hai maneira de negar que a palabra Dios forme parte do léxico da lingua galega. Igual ca a palabra silla e tantos outros castelanismos léxicos e morfolóxicos. Pertencen ao sistema, no que entraron e funcionan cabalmente e sen ningunha dificultade. Todo falante as entende e case todos son capaces de empregalas. A norma non só as admite, senón que as prefire. Á norma me refiro entendida desde a lingüística descritiva, a norma que rexe e é definida polos usos da comunidade lingüística. Non me refiro, claro está, á norma en sentido prescritivo, a establecida desde fóra con pretensións "normativizadoras". Que de por parte, e por desventura, son a miúdo tan pouco eficaces.
No duplicado léxico Deus/Dios temos un caso semellábel ao de Galiza/Galicia, coas diferenzas de grao e tempo que cumpra sinalar. Desde o punto de vista da pura lingüística, as razóns polas que debamos preferir Galicia sobre Galiza non son mellores ca as que nos asisten para recomendar o emprego de Dios en vez de Deus. Por moito que nos matemos, o non largo resío de comunidade galego falante que bordea o xa extenso e próspero eido castelán falante, aqueloutra comunidade seguirá por moito tempo dicindo "diolo queira", "ben sabe dios", "nindiós" e semellantes. Só uns cantos utentes, cando ergueitos a un rexistro elevado, ousarán se cadra substituír aquelas expresións polas súas versións normativas. Aplicando o criterio que a algúns tanto convence, o de preferir as variantes que configuran unha lingua demótica, a cuestión non ten volta de folla.
Está ben que nunha lingua haxa dúas palabras tan diferentes para un só referente, único e absoluto, como é ese ao que refiren os membros do duplicado léxico Deus/Dios? Por razóns que calo, non serei eu quen se apure a responder.
E ninguén me veña con obxeccións obvias e por iso superficiais. Que Dios é un castelanismo e Galicia non? O groso do caso é que Dios recubriu a forma de noso ata a facer desaparecer no sistema e na norma, coma no caso de Galicia vs Galiza. De por parte, non é certo que no triunfo da voz Galicia non influíse a norma castelá. Que só nun caso intervén a legalidade, pola que só Galicia é oficial? Está ben. Pois..., tamén se pode cambiar a lei para a facer máis acaída á xustiza da recuperación e á realidade (histórica). Ou, ao contrario, pódese pedir á xerarquía da Igrexa galega que declare a forma Dios como a única canonicamente válida, co fin de que non se dea a suposta monstruosidade de nunha mesma lingua haber dous nomes para o referente absoluto sobre todo referente, para o ser maior que se pode pensar, como o definiu o santo Anselmo.

lunes, 16 de junio de 2008
Entre Galiza e Galicia
Disque son ambas filoloxicamente lexítimas, confundindo coma os profanos filoloxía e lingüística histórica. Que é o que se quere dicir con iso da lexitimidade de entrambas? Non que se poida usar calquera delas indistintamente e co mesmo dereito; senón, unicamente, que ambas son formas historicamente testemuñadas. Sobre isto, mellor fora que calasen. As formas que ofrecen os documentos medievais escritos en lingua galega, e aínda en castelán, son cando menos estas cinco: Galiza, Galizia, Galisia, Galliza e Gallizia. As cinco son, endalí, formas filoloxicamente lexítimas?
De por parte, que utilidade ten que na última revisión das normas ortográficas e morfolóxicas se recoñezan Galiza e Galicia? Por certo, son serodios, moi serodios, os testemuños históricos desa segunda forma, na súa literalidade textual, excluíndo o latinismo formal Gallecia. Non se pretenderá facer apoio neste para abonar a forma Galicia!
Que sentido ten recoñecer nas normas ortográficas e morfolóxicas a posibilidade de elixir entre Galiza e Galicia para despois, na práctica, negarnos aos utentes a primeira opción en nome dunha norma do trinque adoptada para o caso: a de que a certos referentes nunha mesma lingua só lles pode corresponder unha única forma? Xa sei que non se atreveron a tanto, só se refiren a un referente: o referente “país”. Quen se pronuncia aí? A filoloxía? A legalidade vixente? Ah, xa o sei, unha sección do aparato ideolóxico de estado –diríase adoptando un coñecido modelo de análise da realidade social. Faise con isto unha aplicación da norma superior de que a única forma toponímica válida é a galega? Entón, sexan consecuente e decidan que Galiza non é topónimo galego, senón –xa que castelán non– só portugués.
Se voltarmos á pura lingüística histórica, a forma Galiza leva todas as trazas de maior autenticidade. As formas con ela concorrentes parecen non ter outro sentido ca o de ultracorreccións gráficas, ao primeiro, e logo o de adaptacións aos xeitos lingüísticos casteláns, influíntes no galego con forza abonda xa desde principios do século XIV. Se non, a ver quen me explica por que tan cedo, no latín galego do século XI, a forma derivada galiciense aparece grafada kalicense (“soldares kalicenses”), con notoria e avultada ultracorrección que, porén, non se aplica aínda á absorción do iode... Se este na palabra derivada foi absorbido, na primitiva con máis razón. Sen a influencia do castelán, sería a única que se imporía. Pensen que o mesmo topónimo Cacabelos, o do Bierzo, aparece artificialmente grafado Cacavillos en documentos de 1410 relacionados co hospital de Santiago. Pois nin así se impuxo, malia ficar aquela vila fóra da Galicia moderna.
Xa ven a onde nos pode levar a ideoloxía. Ou, se de legalidade se tratar, como o dereito pode ser torto.

martes, 10 de junio de 2008
Verdade e liberdade
A miña capacidade de acceder á verdade do mundo obxectivo está en función da liberdade, entendida esta como a operación ou actitude pola que lle permito ao obxecto manifestárseme tal como el é. Entón, parece que o termo liberdade se entende no sentido obxectivo. Normal! Coma cando se fala de amor paterno referindo ao amor con que alguén ama seu pai. Aínda así, se amo meu pai, tamén a min amo, que del proveño. O mesmo ou semellábel acontece coa liberdade. Se deixo ao ser que sexa e se manifeste como el é, entón eu son auténtico, verdadeiro, libre das pexas máis témeras que hai: a ideoloxía e a ignorancia.
domingo, 16 de marzo de 2008
Non hai dereito á discriminación étnica
No concello de Pontevedra, a zona menos apetecida para moradía da xente é unha extensa barriada periférica chamada Monte Porreiro, que nas últimas décadas creceu moitísimo por se teren ofrecido alí as vivendas máis baratas en toda a bisbarra. A ninguén se lle ocorrería mercar vivenda en Monte Porreiro con mentes de a vender ao cabo duns anos gañando diñeiro.
Hai pouco, varias familias xitanas desaloxadas por sentenza xudicial das súas antigas vivendas, declaradas ilegais no asentamento xitano do Vao -lugar do concello de Poio que estrema coa vila de Pontevedra-, foron lexitimamente realoxadas en Monte Porreiro. Os xitanos do Vao teñen fama, ben gañada seguramente, de traficar con droga. Os veciños de Monte Porreiro, ou unha boa representación deles conducida polo menos nos primeiros momentos pola asociación veciñal do barrio, levan varias semanas atosigando os xitanos realoxados e as instancias políticas directa e indirectamente implicadas no seu realoxamento, utilizando para iso unha teimuda estratexia de acoso e estigmatización. O pretexto co que se escusan é que non queren traficantes de drogas no medio deles. Din defender así a incontaminación da xente nova da barriada. Ou aducen que con tales novos veciños o prezo das súas vivendas se derruba. Xa se sabe, moitos veciños de Monte Porreiro deixan o barrio por outras zonas de residencia na vila en canto a súa economía llelo permite. É o que vén sucedendo ata agora.
Que hai que pensar de feitos e actitudes coma estas? Non imos ser maos e dicirlles aos de Monte Porreiro o que seica lle dixo a tixola á cazola, "Vaite de aquí, que me lixas". Teremos que lles dicir, pola contra, que deberían sacudir de enriba o estigma que sofren reivindicando a prol de si propios e doutros desprezados socialmente por seren diferentes ou deprimidos -os xitanos e mesmo os delincuentes, sen dicir que eses o sexan, serían un bo símbolo- a dignidade básica da persoa humana, pola que esta é suxeito de dereitos inalienábeis. Un destes dereitos é o de establecer a súa residencia onde libremente quixeren, tan sequera mentres non llo impida a lexítima autoridade -que no caso pasa por forza a traves do poder xudicial.
Perante este dereito nada vale ningún pretexto. Con esas mobilizacións pódelles parecer que convencen a moitos, e quizais o consigan no primeiro momento. Porén, o que fan é xogar con lume, que a eles mesmos non os vai beneficiar. Polo dito, profundizarán no descreto e mala sona que teñen no resto da cidadanía e, máis que arredar tales estigmas, confirmaranllos. De calquera xeito, non teñen ningún dereito a desterrar do seu barrio a ningún cidadán a quen non lle fose antes limitado o exercicio dun dereito fundamental coma ese. Téñeno, por suposto, a vixiaren os movementos e actividades presuntamente delictivas de calquera cidadán ou grupo de cidadáns, á marxe de etnias, costumes, orixes, crenzas...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)